Home Noticias Aumenta a plantación de eucalipto antes da entrada en vigor da lei...

Aumenta a plantación de eucalipto antes da entrada en vigor da lei que pode prohibila ata 2025

150
0

Os plantóns de eucalipto da variedade nitens son un dos produtos máis buscados esta primavera. En moitas comarcas é unha das principais opcións dos propietarios de terras que quedan sen uso polo peche de pequenas explotacións gandeiras ou os que xa non viven do rural pero seguen conservando as propiedades familiares.
Esta variedade, resistente ás xeadas, é unha alternativa ao abandono do monte e ao crecemento espontáneo de bosques autóctonos en comarcas do interior e de media montaña onde outras variedades non resisten.

Os viveiros tiveron que facer novas sementeiras 

Nos viveiros que abastecen a estes propietarios detectouse un incremento da demanda dende o anuncio da moratoria, a principios de ano. A lei que a fará posible, chamada de “recuperación das terras agrarias“, foi aprobada hoxe no Parlamento Galego cos votos favorables do PP, a abstención dos deputados do PSdeG-PSOE e a oposición do BNG.
As présas por plantar, antes de que entre en vigor, provocaron un renovado interese dos propietarios de montes.
Os viveiros tiveron que facer máis sementeiras e algún mesmo pediu novas remesas de semente aos seus proveedores australianos, tratando de ter listas as plantas antes de que remate a temporada, coa chegada do verán.

A variedade “globulus” é a máis difundida nas zonas costeiras

As únicas remesas que lles quedan a moitos viveiros son as da variedade globulus, a que leva máis tempo entre nós, a que se pode ver nos montes da zona costeira, de máis valor como produtora de madeira pero de crecemento algo máis lento e menos resistente á dureza do clima no interior.
Unha oferta que non está sendo abondo. Ademáis do anuncio da moratoria, as repoboacións adiadas na primavera pasada por mor da chegada da pandemia e o aumento do prezo da madeira poden estar tamén na orixe dese interese.

comentarios

Comentarios

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here